ANTÍA CASTRO VÁZQUEZ


Hai que aprender a mirar para poder fotografiar.

Fotógrafa · portfolio online.

Boas! Son Antía e fago fotografía artística. O meu traballo vira ao redor da imaxe como obxecto estético, cun enfoque moi visual e moi persoal. O que máis me interesa é crear imaxes que funcionen por si soas, especialmente no contexto da decoración.
 

Estudei fotografía na EASD Mestre Mateo (2020) en Santiago de Compostela, e desde entón desenvolvo o meu traballo mesturando o creativo co técnico, segundo o que pida cada proxecto. 


O miña fotografía é moi multidisciplinar. Adáptome moi rápido a todo tipo de proxectos e desfruto especialmente de novos retos fotográficos.

A miña cámara tamén viaxa comigo.  Durante as miñas viaxes, gústame plasmar a esencia dos lugares que visito, procurando reflexar as súas atmosferas e detalles. Cada destino é unha nova oportunidade para descubrir novas perspectivas e compartir a miña visión artística.  Podes ver algunhas destas imaxes no apartado Lugares desta web. 

Flores

Gastronómicas

Lugares

Arquitectura

Traballos